Estudo de idoneidade de diferentes linguaxes de programación na aprendizaxe en Programación do Grao de Enxeñaría Informática
-
1
Universidade da Coruña
info
- Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.)
Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña
ISBN: 978-84-9749-712-1
Año de publicación: 2019
Páginas: 481-482
Congreso: Xornadas de Innovación Docente (3. 2019. A Coruña)
Tipo: Aportación congreso
Resumen
A materia de Programación forma parte do módulo de formación básica do Grao en Informática, o obxectivo desta materia é ensinar ao alumno a crear modelos computacionais de problemas do mundo real, a realización desta labor faise empregando unha linguaxe de programación. A linguaxe de programación empregada na materia para ensinar os alumnos é un elemento fundamental e crítico, xa que dependendo das súas características vai ser máis doado ou complicado acadar as competencias para o alumno: detección de erros, escritura dos programas, entorno de desenvolvemento (IDE), ... Unha mostra disto é que se emprega a mesma linguaxe desde a creación da Facultade de Informática (FIC). Está non é un tarefa trivial debido a que non tódalas linguaxes están deseñadas seguindo o mesmo paradigma de programación, algunhas son case experimentais mentres outras son de uso case exclusivamente comercial, hai linguaxes que non teñen compilador “propio”, ... Neste traballo se presentan o resultado da análise de diferentes linguaxes que compren coas características necesarias, como se indicou anteriormente, para o seu uso na docencia da materia, valorando a súa idoneidade nas características máis importantes desde un punto de vista docente. As linguaxes que observouse que as cumprían foron: C/C++, C#, Python, Java, Ada, Go, Dart, Pascal, Fortran, Haskell, Scala, Nim, D e Kotlin. 481