Potenciando o traballo en equipo

  1. Sánchez-Fernández, María Dolores 1
  2. Ramón-Cardona, José 1
  1. 1 Universidade da Coruña
    info

    Universidade da Coruña

    La Coruña, España

    ROR https://ror.org/01qckj285

Book:
Contextos universitarios transformadores: construíndo espazos de aprendizaxe.
  1. Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.)

Publisher: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña

ISBN: 978-84-9749-712-1

Year of publication: 2019

Pages: 519-523

Congress: Xornadas de Innovación Docente (3. 2019. A Coruña)

Type: Conference paper

Abstract

A actividade que se comenta a continuación busca achegar as pautas das universidades anglosaxoas aos estudantes do Grao en Turismo. Os obxectivos pretendidos con esta actividade son: aprender a confeccionar equipos e a traballar en equipo; familiarizar coa estrutura, redacción e como referencian un traballo académico; introducir na procura de información e investigación social; aprender a expor os resultados obtidos de forma clara, concisa e atractiva; ampliar coñecementos en contidos que non están no currículo académico do grao; detectar alumnos con potencial investigador. A avaliación realízase a través do traballo escrito (valorando dificultade, formato, redacción e sofisticación da análise) e a exposición (estrutura, presentación visual e oral) en proporcións de 80% e 20%, respectivamente. Nos dous cursos de aplicación (2016-2017 e 2017-2018) obtivéronse resultados óptimos en canto á calidade dos traballos e exposicións, pero permitiu que os alumnos melloren diversas habilidades básicas e sexan conscientes do seu propio nivel a través das exposicións en clase. O deseño da actividade realízase en base aos coñecementos adquiridos polo profesor en investigación e saliéntanse nas sesións aspectos que foron detectados como debilidades nos traballos de anos anteriores e na elaboración de Traballos Finais noutras universidades de España e Europa. O obxectivo a longo prazo é que os alumnos eviten cometer erros básicos en documentos técnicos e sexan capaces de realizar análises críticas de calidade.