Aprendendo e recordando xuntos experiencias ApS con persoas con enfermidade mental e Síndrome de Down
-
1
Universidade da Coruña
info
- Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.)
Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña
ISBN: 978-84-9749-712-1
Ano de publicación: 2019
Páxinas: 303-317
Congreso: Xornadas de Innovación Docente (3. 2019. A Coruña)
Tipo: Achega congreso
Resumo
Neste traballo recóllense dúas experiencias ApS realizadas no curso 2017/2018 co alumnado da materia Fundamentos de Física (1ºcurso) do Grado en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto. O servicio realizouse a dous colectivos; persoas con Alzheimer e persoas con síndrome de Down. O obxectivo era dobre; por unha banda os estudantes debían adquirir as competencias correspondentes á parte práctica da materia e pola outra banda debían tomar conciencia das necesidades de adaptación de materiais ou contornas que poden precisar estes colectivos para que o teñan en conta no seu futuro traballo como profesionais. No caso do colectivo de persoas con Alzheimer os estudantes prepararon un taller no que se traballou o uso da memoria e a psicomotricidade mediante experiencias de reciclaxe e reutilización. No caso das persoas con Síndrome de Down os estudantes prepararon unha feira científica con dous eixos: “A Física para a vida diaria” e “Reciclaxe, redución e reutilización” na que se fomentaron as relacións sociais, o consumo responsable e a aprendizaxe a través da experiencia. A actividade facilitou a adquisición de competencias (académicas e profesionais) e contribuíu a fomentar a responsabilidade social nos estudantes.