Mulleres coidadoras en países en vías de desenvolvementoimplicación do estudantado na educación para o desenvolvemento, sensibilización e visibilización na Facultade de Fisioterapia
- Robles-García, Verónica 1
- Carballo-Costa, Lidia 1
- Senín Camargo, Francisco José 1
- González Doniz, Luz 1
-
1
Universidade da Coruña
info
- Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.)
Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña
ISBN: 978-84-9749-712-1
Año de publicación: 2019
Páginas: 401-414
Congreso: Xornadas de Innovación Docente (3. 2019. A Coruña)
Tipo: Aportación congreso
Resumen
A promoción activa da responsabilidade social universitaria ten un papel prioritario para conseguir un modelo máis sustentable e humano. As actividades propostas polo persoal docente e investigador deben ter un impacto directo e positivo no alumnado, que ademais forme parte da súa formación integral. Neste proxecto proponse implicar ao alumnado do Grao de Fisioterapia nun proxecto de Educación para o Desenvolvemento (EpD) que trata sobre as mulleres coidadoras en países en vías de desenvolvemento. O obxectivo é facer ao estudantado partícipe dunha situación social real de inxustiza e desigualdade e invitalo a reflexionar sobre a interdependencia entre as dimensións económicas, sociais e de saúde para finalmente advertir o seu rol como futuros profesionais en Fisioterapia en tarefas de prevención e promoción da saúde nos diferentes contextos culturais e socioeconómicos. O presente proxecto é a primeira proposta da Facultade de Fisioterapia dun proxecto de EpD no que o alumnado é actor chave. Deste proxecto xorde a reflexión sobre a misión de fomentar a participación social e o desenvolvemento humano do alumnado, supoñendo tamén o inicio doutras actividades relacionadas. O alumnado refire a aprendizaxe da importancia da prevención na saúde en diferentes contextos e o seu papel neste proceso como futuros profesionais.