Da Facultade de Economía e Empresa (UDC) á práctica profesionalo TFG baseado en ABPy como ponte académica-formativa “experiencial”
-
1
Universidade da Coruña
info
- Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.)
Publisher: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña
ISBN: 978-84-9749-712-1
Year of publication: 2019
Pages: 199-212
Congress: Xornadas de Innovación Docente (3. 2019. A Coruña)
Type: Conference paper
Abstract
A proposta dun Traballo de Fin de Grao é unha responsabilidade para o docente que o oferta, por canto neste deben integrarse e desenvolverse os contidos formativos do Grao, xunto coas competencias e habilidades adquiridas. Sen embargo a responsabilidade é compartida, xa que é a/o estudante quen debe demostrar a súa capacitación en competencias propias do saber das disciplinas estudadas. Neste contexto os autores propoñen o emprego da metodoloxía da “Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABPy)” como a máis acaída para desenvolver o TFG titulado Análise de produtos bancarios dende unha perspectiva financeira e ofertado na Facultade de Economía e Empresa (UDC) para un grupo máximo de 4 estudantes no curso 2017-18. O problema dinamizador é propio do mundo real e da práctica profesional dun egresado do Grao en ADE/Economía: analizar o impacto que ten no custo para o cliente dunha entidade financeira os cambios nas variables que afectan ao mesmo dentro do contexto da transparencia das operacións e protección da clientela. Os resultados acadados son moi satisfactorios tanto para o alumnado como para os docentes. A metodoloxía é a acaída para este TFG, co que se ofrece unha entrada titorizada na práctica profesional financeira.