“Activación” e “dixitalización” nas aulas de Matemáticas Financeirasa revolución de construír o proceso de aprender
-
1
Universidade da Coruña
info
- Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.)
Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña
ISBN: 978-84-9749-712-1
Año de publicación: 2019
Páginas: 189-198
Congreso: Xornadas de Innovación Docente (3. 2019. A Coruña)
Tipo: Aportación congreso
Resumen
O nivel de atención e de asimilación dos conceptos da materia Análise das Operacións Financeiras impartida na Facultade de Economía e Empresa da UDC non son satisfactorios. A proposta reside nun cambio metodolóxico a través da combinación da aula invertida, da aprendizaxe baseada en proxectos (ABPy) e o traballo cooperativo. Búscase unha maior asimilación da materia a través do desenvolvemento de habilidades metacognitivas derivadas das estratexias das metodoloxías activas propostas. O cuadrimestre dividirase en dúas partes: Nas primeiras catro semanas do curso o docente explica e propón exercicios sobre os conceptos básicos da materia (capital financeiro, tipos de xuro, leis de capitalización e desconto, concepto de renda e préstamo). Preténdese provocar a participación activa, motivada e crítica na aula a través do emprego de accións publicitarias (anuncios). Nas seguintes dez semanas procédese a crear cinco grupos cooperativos. Estes deben: (1) afondar nos conceptos teórico-prácticos da materia, (2) elaborar un mapa conceptual e exercicios dixitais, ademais de (3) crear un vídeo didáctico da materia. Cada grupo vai subindo os materias creados ao google classroom, o que permite o control de actividade. A avaliación establécese por competencias. ¿O cambio? Radical, apaixoante e motivador.