“Palabras que moven o mundo”o ensino da literatura máis aló das aulas universitarias

  1. Muriano Rodríguez, María Montserrat 1
  2. Mosquera Castro, Estefanía 1
  1. 1 Universidade da Coruña
    info

    Universidade da Coruña

    La Coruña, España

    ROR https://ror.org/01qckj285

Book:
Contextos universitarios transformadores: construíndo espazos de aprendizaxe.
  1. Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.)

Publisher: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña

ISBN: 978-84-9749-712-1

Year of publication: 2019

Pages: 269-290

Congress: Xornadas de Innovación Docente (3. 2019. A Coruña)

Type: Conference paper

Abstract

“Palabras que moven o mundo” é un proxecto interdisciplinar levado a cabo no curso 2017/2018 no marco de tres materias do Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas en que participou o alumnado do módulo específico de Linguas e Literaturas galega e castelá. Asenta na vindicación do hábitat e gravita arredor de tres elementos sobre os que queremos reformular a práctica docente: o espazo público, o uso da palabra escrita por parte de quen transita por este e a poesía, desde a convicción de que existe unha retroalimentación positiva entre todos eles. Así, a súa implementación contribuíu a facer máis habitábeis os espazos intervidos e estes actuaron, asemade, como resortes de visibilidade para o xénero poético e fomentaron a lectura fóra dos espazos en que esta constitúe unha práctica excesivamente ritualizada, promovendo a formación do alumnado en metodoloxías activas e ampliando a súa concepción de literatura e dos espazos en que debe proxectarse. Outrosí, a potencialidade transformadora do proxecto favoreceu tamén que o alumnado se decatase da importancia do espazo público como ámbito de diálogo e reflexión social e da dimensión das artes como xeradoras de pensamento crítico.