Uso das rúbricas de avaliación, a avaliación entre pares e a autoavaliación para mellorar as competencias do alumno
-
1
Universidade da Coruña
info
- Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.)
Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña
ISBN: 978-84-9749-712-1
Año de publicación: 2019
Páginas: 291-300
Congreso: Xornadas de Innovación Docente (3. 2019. A Coruña)
Tipo: Aportación congreso
Resumen
Na materia Sistemas de Abastecemento e Saneamento do Mestrado Internacional de Enxeñaría da Auga trabállanse as competencias transversais comunicativas, de consulta e selección de información e de avaliación crítica. Os alumnos realizan tarefas que consisten na revisión de referencias, a selección e organización de información e a presentación oral ou nun póster dun tema incluído nos contidos materia. Durante a presentación oral na clase, os alumnos dispoñerán dunha rúbrica na que deberán avaliar as presentacións dos seus compañeiros (avaliación entre pares) e despois a súa. Por último, a profesora avalía tamén a presentación. A nota final calcúlase a partir dos tres tipos de avaliacións e penalizarase aos estudantes que non realicen as avaliacións con rigor. Nestas actividades é fundamental que os criterios de avaliación sexan adecuados e que os alumnos os coñezan dende o inicio da actividade para dirixir o seu traballo. A avaliación entre pares fomenta que o alumno faga un esforzo para transmitir o mensaxe aos seus compañeiros. Por outra banda, obrígase indirectamente a prestar atención ao traballo dos compañeiros e, por tanto, apréndese dos contidos da materia. Na autoavaliación o alumno xulga os seu aprendizaxe e as súas fortalezas e debilidades na comunicación.