A promoción do deporte inclusivo como experiencia de Aprendizaxe- Servizo en Terapia Ocupacional
- Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.)
Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña
ISBN: 978-84-9749-678-0
Año de publicación: 2018
Páginas: 407-409
Congreso: Xornadas de Innovación Docente (2. 2017. A Coruña)
Tipo: Aportación congreso
Resumen
Os/as alumnos/as de 3º do Grao en Terapia Ocupacional (cursos 2015/2016 e 2016/2017), participaron en actividades para a promoción do deporte inclusivo, baixo a temática de “solidariedade e cooperación” (concienciación, difusión e intervención cívica). A iniciativa parte da entidade Fundación Abrente, no Club Deportivo Inclusivo ENKI. Obxectivos do servizo: * Transformar a actitude dos xoves e poboación xeral ante a discapacidade. * Dar difusión e fomentar a práctica de deportes adaptados, de xeito inclusivo. * Fomentar a consciencia ante a diversidade funcional. * Recoñecer os logros e as dificultades superables. Metodoloxía: Propuxéronse tres tipos de actividades: escolas deportivas inclusivas, sensibilización sobre deporte adaptado en centros educativos, e sesións de adestramento para deportistas con diversidade. Os principais actores foron: estudantes de TO (n= 85), deportistas (3) e representantes do Club ENKI (3). Os destinatarios do servizo foron persoas con diversidade funcional, nenos/as e profesores de centros educativos de primaria e secundaria (1523 participantes en 21 centros). Resultados: Con esta experiencia pretendeuse que os estudantes se achegasen á realidade, desde a perspectiva da TO, aplicando unha observación consciente, reflexiva e práctica, complementado coa adquisición de competencias profesionais. A satisfacción de todas as partes demóstrase coas súas testemuñas, participación activa, e repercusións nas redes. Conclusións: Destácanse os beneficios para estudantes de TO (no tanto que se facilita a integración da teoría na práctica e adquisición de competencias profesionais), e para os destinatarios, xa que se consegue unha auténtica proposta de sensibilización, promovendo a inclusión e igualdade de oportunidades para todos/as, neste caso, a través do deporte.