Mudando o enfoqueda sesión maxistral aos grupos cooperativos en Matemáticas Financeiras

  1. Fernando De-Llano Paz
  2. Paulino Martínez Fernández
Libro:
Contextos universitarios transformadores: retos e ideas innovadoras. II Xornadas de Innovación Docente
  1. Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.)

Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña

ISBN: 978-84-9749-678-0

Ano de publicación: 2018

Páxinas: 271-284

Congreso: Xornadas de Innovación Docente (2. 2017. A Coruña)

Tipo: Achega congreso

DOI: 10.17979/SPUDC.9788497496780.271 DIALNET GOOGLE SCHOLAR lock_openRUC editor

Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable

Resumo

O nivel de control e supervisión do proceso de ensino-aprendizaxe na materia de Análise das Operacións Financeiras na Facultade de Economía e Empresa da UDC baséase na formulación puntual de probas. O período de avaliación continua segue un ritmo mensual. Os autores propoñen aplicar un cambio no método de aprendizaxe para cubrir a posible ausencia de “tempos” académicos (presenciais e non presenciais) nos que constatar o traballo dos conceptos da materia e a asimilación dos mesmos. A reflexión presenta tres grandes eixos: metodoloxía, planificación e organización da docencia. A proposta metodolóxica reside na aplicación de grupos cooperativos como facilitadora dun papel activo do estudante, de responsabilidade e esixibilidade persoal cara á aprendizaxe e cara ao grupo, que permite a interacción entre iguais para asimilar mellor os conceptos e que ten na autoanálise crítica da actuación dos membros do grupo unha das súas bases fundamentais. O traballo propón un primeiro achegamento a esta metodoloxía de aprendizaxe a través da aplicación práctica ao tema “Operacións Financeiras de Préstamo”. A percepción do cambio metodolóxico é positiva tanto en docentes como en alumnos consultados. A dinámica reflexiva é enriquecedora, e anima aos autores para seguir propoñendo novas actuacións no marco da docencia nesta materia.