Fomentando o respeto polo medioambiente e a reciclaxe en dous colectivos en risco de exclusión social a través do aprendizaxe-servizo

  1. María José Abad
  2. Ana Ares-Pernas
Libro:
Contextos universitarios transformadores: retos e ideas innovadoras. II Xornadas de Innovación Docente
  1. Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.)

Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña

ISBN: 978-84-9749-678-0

Ano de publicación: 2018

Páxinas: 125-138

Congreso: Xornadas de Innovación Docente (2. 2017. A Coruña)

Tipo: Achega congreso

DOI: 10.17979/SPUDC.9788497496780.125 DIALNET GOOGLE SCHOLAR lock_openRUC editor

Resumo

Neste traballo recóllense tres experiencias ApS realizadas no curso 2016/2017 co alumnado das materias Fundamentos de Física (1ºcurso) e Deseño e Procesado con Polímeros (4º curso) do Grado en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto. O obxectivo era que o alumnado acadase certas competencias académicas e transversais da materia ao mesmo tempo que realizaba unha tarefa en beneficio de tres colectivos en risco de exclusión social; nenos/as con baixo rendemento académico, adultos desempregados e mulleres árabes. Para estes colectivos os estudantes prepararon e impartiron un taller; que no caso das nenas e dos nenos pretendía fomentar neles o respecto polo medioambiente e o pensamento crítico, no caso dos adultos formalos para a busca de emprego no sector dos plásticos e a reciclaxe e, no caso das mulleres árabes, fomentar os valores de convivencia social e o respecto polo medioambiente. O emprego desta ferramenta metodolóxica favoreceu a adquisición de competencias nos estudantes, a avaliación das mesmas polo docente, a relación profesor-estudante e a formación dos estudantes non só en contidos senón tamén en valores.