UDC residuo cero. Calculadora online da pegada ecolóxica

  1. Manuel Soto
  2. Alberto Varela
Libro:
Contextos universitarios transformadores: retos e ideas innovadoras. II Xornadas de Innovación Docente
  1. Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.)

Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña

ISBN: 978-84-9749-678-0

Año de publicación: 2018

Páginas: 207-224

Congreso: Xornadas de Innovación Docente (2. 2017. A Coruña)

Tipo: Aportación congreso

DOI: 10.17979/SPUDC.9788497496780.207 DIALNET GOOGLE SCHOLAR lock_openRUC editor

Resumen

A universidade, como institución responsable da educación e a concienciación para a sustentabilidade, debe contribuír ao cambio cara a unha xestión sustentable dos residuos e cara a unha economía circular. Isto require divulgar os impactos dos residuos e das alternativas para reducilos, ademais de realizar unha xestión avanzada e exemplar dos residuos xerados na propia actividade. Como ferramenta para fomentar a concienciación e a implicación cidadá, nos últimos anos vénse facendo uso de diversas “calculadoras” do impacto ambiental (pegada ecolóxica, pegada do carbono, pegada hídrica, xeración de residuos, etc.). Porén, ningunha destas ferramentas ten sido desenvolvida en Galiza, en galego nin adaptada á realidade socio-económica e ambiental do noso país, ademais de ser escaso o uso e difusión daquelas existentes no ámbito próximo ou internacional. O presente traballo describe a concepción, o deseño e os primeiros resultados dunha enquisa online (en cursiva ao ser estranxeirismo; con todo, mellor sería en liña) sobre a xeración de residuos, a recollida separada na orixe e a súa pegada ecolóxica. A enquisa encóntrase dispoñible en https://emapic.es/custom/residuos-udc e pode ser utilizada por calquera persoa a título individual, por colectivos organizados ou por diferentes tipos de entidades, tanto con fins educativos no ensino formal como en actividades de sensibilización ambiental.