As arelasa democracia representativa e a relaidade espacial no contexto de Sada

  1. Óscar Pedrós Fernández
Libro:
Proxecto Sada: paisaxe, lugar e arquitectura/
  1. Emma López Bahut (coord.)

Editorial: Universidade da Coruña

ISBN: 9788409007172

Año de publicación: 2017

Páginas: 29-40

Tipo: Capítulo de Libro

Resumen

Na actual sociedade postindustrial, o descrédito dun gran número de electores e a perda da fe na democracia representativa baixo o sistema de partidos trouxeron consigo o descontento cidadán, que se plasmou nas eleccións municipais de 2015. Entre as "novas" reivindicacións, a que e relaciona directamente coa disciplina do arquitecto é a participación cidadá como acicate para o redeseño dos sistemas urbanos e do espazo público. O texto presenta unha serie de reflexións acerca da nova situación política e social e a súa incidencia na gobernanza da cidade desde o punto de vista do que significa participación cidadá e do instrumentos que deben plasmar o resultado final para facer efectiva esa transformación da cidade. Desde un aspecto global, analízase o contexto político e económico que rodea o desenvolvemento urbano. Descendendo á escala do núcleo de Sada e o eu contorno, ofrécese unha serie de pistas que poidan relacionar, no contexto sadense, os termos de urbanismo, política e polís. En segundo lugar, nárrase a experiencia do traballo da materia de Proxectos 4 desde o punto de vista da relación urbana, pero sen obviar a realidade esmagadora, o que herdarán os agora estudantes. De modo que, aos exemplos ideais de resolución do espazo, se lles superpoñen o resto de situacións reais, globais, que xustifican o rescate de tipoloxías en perigo de extinción (como un mercado de abastos) ou a posta en valor de tipoloxías alternativas, rexeneradoras de tecido (vivencia para artistas). Por último, ao soño que produce a foto do voo americano de 1956, superpónselle unha crítica da situación real e a consideración de que, se a nova situación económica e de reclamo social supoñen xa de por si un grande hándicap, aínda existen problemas de antano de carácter estrutural que fan, se cabe, máis difícil afrontar unha gobernanza.