Ecofeminismo urbán na educación de intelectuais de proximidade

  1. Rosa Caramés Balo
Libro:
Trazos de xénero no século XXI: III Xornada Universitaria Galega en Xénero, Pontevedra, 5 de xuño 2015
  1. González Penín, Anabel (dir.)
  2. López Díaz, Ana Jesús (dir.)
  3. Aguayo, Eva (dir.)

Editorial: Universidade de Vigo

ISBN: 978-84-8158-694-7

Año de publicación: 2015

Páginas: 89-98

Congreso: Xornada Universitaria Galega en Xénero (3. 2015. Pontevedra)

Tipo: Aportación congreso

Resumen

Dase conta dos traballos-proxecto que se veñen levando a cabo dende o ano 2012 para desenvolver as competencias da asignatura de Socioloxía da Educación para a formación no maxisterio, tamén extrapolable á calqueira eido da educación e dende unha perspectiva holística e experiencial para a cumplimentación “doutro” xeito de plantexar os procesos formais de ensinanza-aprendizaxe que veñen indicando diferentes autoridades académicas dende os últimos vinte anos. Estes procedementos de investigación-acción participativa (Colmenares, 2012) ou de aprendizaxe servicio (Francisco e Moliner, 2010) teñen por obxectivo traspasar os límites de aprender a coñecer e acadar os resultados no eido de aprender a facer, a vivir e a ser. As aprendizaxes baseadas nas “Competencias” foron definidas pola OCDE como habilidades prácticas, coñecementos, motivacións, valores éticos, actitudes, emocións e outros compoñentes sociais que se movilizan conxuntamente para acadar unha acción, un comportamento, unha conducta de adaptación ou intelixencia eficaz, tal e como relatan Hersh, Simone, Moser e Konstant (1999). Tamén se abordan as indicacións do informe da ANECA do 2005 donde se plasma a necesidade de recomponer unha metodoloxía de aprendizaxe que aglutine diferentes competencias básicas ou específicas como son o traballo en equipo, as habilidades nas relacións personais, o compromiso ético e o razoamento crítico para a formación nos maxisterios.