A organización social dos coidados e o seu impacto nos procesos de retorno migratorioo caso da migración romanesa en España

  1. Pérez-Caramés, Antía
Libro:
II Xornada Universitaria Galega en Xénero
  1. López Díaz, Ana Jesús (ed. lit.)
  2. González Penín, Anabel (ed. lit.)
  3. Aguayo Lorenzo, Eva (ed. lit.)

Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña

ISBN: 978-84-9749-599-8

Año de publicación: 2014

Páginas: 319-326

Congreso: Xornada Universitaria Galega en Xénero (2. 2014. Ferrol)

Tipo: Aportación congreso

Resumen

Desde comezos do século XXI, o proceso migratorio que trouxo a España a cerca de un millón de migrantes romanesxs, mostra unha tendencia á inversión na forma de procesos de retorno migratorio. O impacto da crise económica que se desata en España pouco tempo despois de que Romania entrara na UE, supuxo que moitxs migrantes romanesxs quedaran sen emprego, convertíndose este no principal factor explicativo do fenómeno do retorno. Isto é, predominan as explicacións económicas á hora de analizar os procesos de toma de decisións e as motivacións para o retorno. Préstase moi pouca atención académica ao modo en que as familias transnacionais teñen artellado as responsabilidades de coidado no momento de deixar o seu país de orixe, durante o seu período no estranxeiro, e tampouco se considera se os cambios na organización do traballo de coidados inflúen nas decisións que se toman durante o proceso migratorio en xeral. Neste capítulo abordaremos o papel da organización do traballo de coidados (tanto a menores, como a persoas maiores e en situación de dependencia) nos procesos de toma de decisión relacionados co retorno migratorio dxs migrantes romanesxs en España. A metodoloxía desta investigación está baseada en técnicas cualitativas e a perspectiva metodolóxica foi multisituada: realizáronse 40 entrevistas semi-estruturadas, 20 delas en diferentes cidades de España, e as restantes 20 en diversas cidades e pobos de Rumanía.