A linguaxe como medio de violencia simbólica no deporte

  1. López Villar, Cristina
  2. Pérez, Andrea
  3. Diéguez, Noelia
  4. Castro García, Marina
  5. Carballo, Lara
  6. Campaña, Fátima
Libro:
II Xornada Universitaria Galega en Xénero
  1. López Díaz, Ana Jesús (ed. lit.)
  2. González Penín, Anabel (ed. lit.)
  3. Aguayo Lorenzo, Eva (ed. lit.)

Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña

ISBN: 978-84-9749-599-8

Ano de publicación: 2014

Páxinas: 225-233

Congreso: Xornada Universitaria Galega en Xénero (2. 2014. Ferrol)

Tipo: Achega congreso

Resumo

En todas as sociedades machistas a linguaxe ten un papel fundamental na discriminación das mulleres, configurándose como un instrumento de dominación e lexitimador da violencia simbólica. O obxectivo deste estudo foi analizar se as estudantes de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña reciben frases ao longo da súa carreira deportiva que reflicten a dominación e reprodución dun modelo social discriminatorio. A metodoloxía empregada inscríbese baixo o paradigma cualitativo e feminista, facendo uso da análise de contido como técnica de investigación. Para a recompilación de datos empregouse unha ficha de rexistro anecdótico que se aplicou a corenta alumnas e un grupo de discusión con cinco estudantes. Os resultados permítennos concluír que a linguaxe é un medio máis de violencia simbólica no deporte, que perpetúa un sistema de dominación masculina a través da transmisión dunha visión de inferioridade das mulleres, que menospreza a súa práctica e establece como ideal o deporte masculino. Non se acepta que unha muller poida ser superior a un home en situacións deportivas mixtas e danse casos nos que, a través da linguaxe, se chega a incitar á violencia física e sexual.