Pioneiras na cienciao papel das mulleres na revolución científica

  1. Crespo, Begoña
  2. Puente Castelo, Luis
Book:
II Xornada Universitaria Galega en Xénero
  1. López Díaz, Ana Jesús (ed. lit.)
  2. González Penín, Anabel (ed. lit.)
  3. Aguayo Lorenzo, Eva (ed. lit.)

Publisher: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña

ISBN: 978-84-9749-599-8

Year of publication: 2014

Pages: 191-198

Congress: Xornada Universitaria Galega en Xénero (2. 2014. Ferrol)

Type: Conference paper

Abstract

Os cambios nos paradigmas de control e acceso ao coñecemento que tiveron lugar a partir da segunda metade do século XVII tiveron como consecuencia a expansión da ciencia fora do control escolástico nas universidades, creando unha comunidade científica teoricamente máis accesible. De xeito paralelo apareceu un novo tipo de discurso científico no que os autores eran responsábeis de asegurar a veracidade dos feitos narrados e da divulgación do coñecemento baixo o manto da corrente humanista. Porén, estes avances non impediron que as novas comunidades científicas seguisen estando conformadas case en exclusiva por persoas dos niveis superiores da xerarquía social. Esta situación afectaba dobremente ás mulleres que querían dedicarse á ciencia. Estas mulleres, ademais de sufrir unha importante presión social e familiar que puña impedimentos ao seu desempeño de traballo científico, vían tamén como a comunidade científica (maioritariamente masculina) amosaba reservas cara ao seu traballo. O obxectivo deste traballo é dar a coñecer as contribucións dalgunhas destas mulleres pioneiras que decidiron dedicarse á ciencia nun período onde esta sae da escuridade medieval e comeza a expandirse, amosando os diferentes tipos de muller científica da época. Ao mesmo tempo, amosaremos como as reservas da comunidade científica levaban a moitas destas mulleres tanto a publicar os seus traballos sen o seu nome, ben como anónimo, con pseudónimos ou baixo o nome dun familiar varón; como a ser especialmente coidadosas no uso do rexistro científico, o que permite que o discurso científico feminino sexa especialmente relevante como mostra do uso persuasivo da linguaxe neste rexistro.