Socioloxía da educación e ecofeminismosdocencia e investigación

  1. Caramés Balo, Rosa Elena
Libro:
II Xornada Universitaria Galega en Xénero
  1. López Díaz, Ana Jesús (ed. lit.)
  2. González Penín, Anabel (ed. lit.)
  3. Aguayo Lorenzo, Eva (ed. lit.)

Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña

ISBN: 978-84-9749-599-8

Año de publicación: 2014

Páginas: 149-156

Congreso: Xornada Universitaria Galega en Xénero (2. 2014. Ferrol)

Tipo: Aportación congreso

Resumen

Tendo en conta a necesidade dunha formación holística para a labor do maxisterio e a súa función socializadora, aproveitase o ceñecemento acumulado polos estudios ecofeministas máis recentes e as súas vinculacións cos plantexamentos vitais alternativos da soberanía alimentaria que se están a levar a cabo en �salpicadas� sociedades da xeografía do noso planeta. Dun xeito resumido poderíase decir que este enfoque ven sendo a outra posibilidade (tal vez, a outra única solución) de continuidade equilibrada da vida humán en contraste coas que plantexan as escolas de negocios e as escolas de finanzas do capitalismo intensivo das nosas sociedades. Partindo dunha perspectiva comprometida có entorno natural, coa vida real, e a urxencia da súa reestructuración para a sostebilidade propúxoselle ó alumnado de maxisterio da Facultade de Ciencias da Educación a posibilidade de permutar a avaliación a través do exámen da parte teórica da asignatura de Socioloxía da Educación por unha actividade de intervención social (en colaboración con asociación e ONGs da contorna) enraizada nos plantexamentos da vida cotiá do ecofeminismo. A experiencia foi moi positiva, tanto neste curso 2013/2014 levada a cabo de xeito másis extensivo e intensivo que no anterior 2012/2013, que tamen foi valorada de xeito moi satisfactorio, tanto pola profesora como polo alumnado, a pesar do esforzo conquerido. Este xeito de enfocar a asignatura de Socioloxía da Educación responde á necesidade de reivindicar a labor dunha pioneira do ecofeminismo doméstico: Ellen Swaloww (1842-1911), que a pesar de ser rexeitada pola Univ. de Massachusetts pola súa condición de muller para doutorarse, e dende un enfoque interdisciplinar que combinaba a química da auga e a industrial, a metalurxia e a mineraloxía así como os ceñecementos sobre os alimentos e a nutrición, foi capaz de crear un Laboratorio para ofrecer educación científica ás mulleres posto que son as que mellor e máis entenden de sostebilidade e saúde.