Recursos para a clasificación da produción editorial na Galiza durante a etapa franquistadeseño e alimentación da base de datos
- Carme Fernández Pérez-Sanjulián 1
- Mª Antonia Pérez Rodríguez 1
- Eduardo Rodíguez López 1
- Ángeles Saavedra Places 1
-
1
Universidade da Coruña
info
- López Poza, Sagrario (ed. lit.)
- Pena Sueiro, Nieves (ed. lit.)
Editorial: SIELAE ; Universidade da Coruña
Año de publicación: 2014
Páginas: 161-174
Tipo: Capítulo de Libro
Resumen
Explicación da metodoloxía e das ferramentas informáticas desenvolvidas para acometer un proxecto de investigación propio das Humanidades dixitais. En concreto, este proxecto ten como obxectivo fundamental estudar a produción editorial na Galiza durante a etapa franquista (1939-1975), analizar se existiu unha industria cultural editora e en que medida esta funcionou como canle difusora, tanto dunha liña de resistencia política contra o franquismo, como noutra de aposta pola conservación e posta en valor da identidade cultural da Galiza. Tras unha breve introdución ao proxecto, preséntase a metodoloxía seguida no proceso de recuperación e catalogación dos fundos, explícase como se desenvolveu o proceso de importación masiva dos catálogos das bibliotecas públicas máis relevantes da Galiza, así como as súas características técnicas e, a seguir, descríbense as ferramentas informáticas deseñadas. Finalmente, sinálanse os problemas metodolóxicos atopados e as solucións que se foron adoptando pois considérase que poden ser de interese para outros proxectos do mesmo tipo. Coidamos que o noso modo de enfrontalos e a experiencia obtida á hora de resolvelos constitúen, de seu, achegas relevantes deste proxecto ao mundo das Humanidades dixitais.