A experiencia da viaxe e o intelectual de preguerra
- Fernández Pérez-Sanjulián, Carme (coord.)
Publisher: A Coruña: Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións; Allariz (Ourense): Fundación Vicente Risco
ISBN: 978-84-9749-506-6
Year of publication: 2011
Pages: 57-76
Type: Book chapter
Abstract
Visamos alargar a semántica convencional da viaxe e da literatura de viaxes para a adaptar con máis eficacia ao contexto galego das primeiras décadas do século XX. Distinguimos, por isto, entre viaxe masivo-forzosa (a emigración) e viaxe voluntario-propositada (a da minoría intelectual do tempo) O ponto de encontro será a viaxe centrípeta, de volta ao país, para o considerar centro e destino da obra realizada. Risco, Castelao, Otero Pedraio representan exemplos senlleiros desta anagnórise, e unha parte substancial da súa obra así o vai reflectir. Ambos procesos, en fin (a conciencia da Galiza adquirida na emigración e a viaxe de retorno á Galiza), obrigan a reconceptualizar a existencia das convencionalmente chamadas dúas Galizas, a territorial e mais a da diáspora, para estabelecermos a divisoria-tanto dentro como fóra dela-en torno á identidade sentida e querida como tal. A distancia, pois, non é xeográfica, senón anímica, actitudinal e política