A presencia galega na revista do exilio nuestra España
- Ledo Andión, Margarita (coord.)
Editorial: Universidad de Santiago de Compostela
ISBN: 84-9750-620-0
Ano de publicación: 2006
Páxinas: 2422-2443
Congreso: Congreso Internacional Lusocom (1. 2006. Santiago de Compostela)
Tipo: Achega congreso
Resumo
Na comunicación analízase a publicación Nuestra España nada en outubro de 1939 na Habana. En concreto estudianse as colaboracións feitas por exiliados galegos como Vázquez Gayoso, secretario da revista, Vázquez Humasqué, Rubia Barcia, Arturo Souto, Ángel Lázaro, Millares Vázquez, Barcia Trelles ou Emilio González López. Examínanse os cambios de contido e forma, así como a ideoloxía desta revista ó longo dos seus trece números. Tamén se suliñan as fontes de ingresos e a súa difusión no continente americano. Lembramos que Nuestra España é unha das primeiras publicacións feitas polos exiliados en América que nace co obxectivo de explicar e dar a coñecer o que estaba a suceder en España e no exilio. A comunicación suliña a acollida que tivo Nuestra España en Cuba, xa que neste país houbo un forte enfrentamento na colonia de emigrantes entre os profranquistas e os prorrepublicanos.