Contextos universitarios tranformadoresboas prácticas no marco dos GID

  1. Enrique de la Torre Fernández ed. lit.

Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña

ISBN: 978-84-9749-775-6

Año de publicación: 2020

Congreso: Xornadas de Innovación Docente (4. 2020. A Coruña)

Tipo: Libro

DOI: 10.17979/SPUDC.9788497497756 DIALNET GOOGLE SCHOLAR lock_openRUC editor

Resumen

O obxectivo das xornadas é estimular a posta en común e o intercambio de experiencias didácticas entre distintas áreas de coñecemento para, deste xeito, potenciar o traballo interdisciplinar e a actualización permanente do profesorado da UDC. Este ano queremos pór o foco no traballo que se está a desenvolver no seo dos GID, cuxo labor está a contribuír de maneira significativa a mellorar a calidade do ensino e á renovación do modelo educativo no marco das titulacións oficiais de grao e de máster. Por este motivo, as liñas temáticas seleccionadas para esta edición coinciden coas 8 liñas prioritarias de actuación definidas para os GID: Metodoloxías activas en docencia presencial e semipresencial. Procesos e instrumentos de avaliación da aprendizaxe . Titorización e atención ao estudantado. Uso e aplicación de recursos tecnolóxicos para mellorar a aprendizaxe. Responsabilidade social universitaria. Emprendimento e empregabilidade. Instrumentos e recursos para mellorar a organización e o desempeño docente. Accións de divulgación e transferencia do coñecemento á sociedade