As mulleres de Narón
- Leira López, José dir.
- Cobo Bedía, Rosa
- Hernández Rodríguez, Gerardo
- Taboadela, Obdulia
- Fonte, Rosa Méndez col.
Editorial: Universidade da Coruña
ISBN: 978-84-95460-37-0
Ano de publicación: 2004
Tipo: Libro
Resumo
O estudo “As mulleres de Narón” é o produto dun convenio de colaboración entre a Universidade da Coruña, a través do seu Departamento de Socioloxía e Ciencia Política e da Administración, e o Concello de Narón. A colaboración entre institucións, á hora de abordar o estudo da realidade social, sempre ha ser positiva; e ademais coidamos que as investigacións son precisas para levar a cabo unha planificación social que teña como finalidade a eficacia e unha boa administración dos recursos dispoñibles. É por isto, polo que o estudo das mulleres de Narón vai permitir adecuar o enfoque dos proxectos e programas previstos e deseñar aqueles que se poidan implementar nun futuro.