El tesoro de Punta Herminia y otros textos sumergidos(1929-1965)
- Lugrís, Urbano
- Rodríguez-González, Olivia ed. lit.
Editorial: Alvarellos
ISBN: 978-84-16460-24-3
Año de publicación: 2017
Tipo: Libro
Resumen
Urbano Lugrís era un poeta pintor. E o único pintor do mundo capaz de escribir baixo a auga, en palabras doutro gran escritor e poeta, Manuel Rivas. Alvarellos Editora rescata este verán once textos “somerxidos” de Lugrís. Prosas e poemas –en castelán e galego– moi pouco coñecidos ata hoxe (mesmo, algún inédito) que nos internan no seu fascinante universo narrativo e lírico. Baixo o título El tesoro de Punta Herminia y otros textos sumergidos agrúpanse textos dispersos que foron aparecendo desde a edición, en 2008, daquela primeira Balada de los mares del norte (Alvarellos Editora), único volume de Lugrís ata a data, pois o artista falecía en 1973 sen ver publicado, en libro, o seu rico e abundante traballo literario, esparexido e esquecido, durante décadas, en xornais e revistas...