Dicionario de afixos e voces afixadas do galego medieval
Editorial: Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística ; Universidade da Coruña
ISBN: 978-84-9749-592-9
Año de publicación: 2015
Tipo: Libro
Resumen
A presente Monografía 8 da Revista Galega de Filoloxía recolle o Dicionario de afixos e voces afixadas do galego medieval. Trátase dunha versión corrixida e ampliada do dicionario contido na segunda parte da tese de doutoramento A formación de palabras no galego medieval: a afixación, que defendeu o profesor Xoán López Viñas na Universidade da Coruña en setembro de 2012. O Dicionario de afixos e voces afixadas do galego medieval constitúe o primeiro repertorio lexical, contextualizado mediante corpus e centrado na sincronía galega medieval, sobre este tipo de morfemas derivativos e os seus correspondentes termos afixados. Non se trata, por tanto, dun dicionario ao uso nin tampouco dun dicionario inverso, pois non se listan os vocábulos segundo a terminación, senón que só se inclúen voces afixadas ordenadas alfabéticamente conforme o afixo, previamente descrito do punto de vista gramatical e semántico. O Dicionario de afixos e voces afixadas do galego medieval convértese nunha nova ferramenta dentro dos estudos lexicográficos da lingüística galego-portuguesa, xa que na actualidade non existe ningún glosario similar centrado nos afixos derivativos, nin para o período actual nin restrinxido a unha sincronía pretérita.