Teatro circo, tres textos
Publisher: Diputación de La Coruña = Deputación da Coruña
ISBN: 978-84-9812-136-0
Year of publication: 2010
Type: Book
Abstract
O presente traballo ten como obxectivo fundamental realizar unha aproximación de urxencia ás actividades dramáticas e culturais de Teatro Circo (1967-1978), o primeiro colectivo galego plenamente identificado co teatro independente e, sen dúbida, o máis representativo e actuante deste movemento en Galicia. Para comprender o papel paradigmático desempeñado por este grupo no case inexistente panorama teatral da Galiza da altura –reducido á estreita actividade en español das compañías comerciais e dos colectivos de teatro de cámara e ensaio–, faise necesario, primeiro de todo, profundar nas circunstancias que envolveron o renacemento do teatro galego após a guerra civil. A seguir, a partir dunha breve achega aos postulados ideolóxico-estéticos que guiaron o traballo escénico e investigador levado a cabo polo Teatro Circo e ás súas principais conquistas, pretendemos determinar na súa xusta medida a relevancia desta experiencia, decisva non só para a recuperación, modernización e difusión do teatro galego durante a ditadura franquista, mais temén para o seu posterior desenvolvemento, xa na época democrática. Finalmente, e co obxectivo de ilustrar o percorrido trazado neste breve estudo, reprodúcense tres pezas inéditas de Manuel Lourenzo estreadas polo Teatro Circo: Crónica de sol de inverno (1971), Erros e ferros de Pedro Madruga (1972) e Hipólito (1973).