Conformando o brinquedoreflexións á volta da preparación do actor
Editorial: Diputación de La Coruña = Deputación da Coruña
ISBN: 84-86040-06-X
Año de publicación: 2004
Tipo: Libro
Resumen
Tanto a preparación actoral como a encenación son procesos continuos que non alcanzan nunca o resultado definitivo. Conformando, trazando, dispondo o brinquedo abrangue desde o momento en que todo xira á volta do evoluír dos actores; mais é tamén a proposta que se lle ofrece ao público para que se incorpore de maneira activa. O xogo será sempre o eixo desta. Intercaladas na digresión, reprodúcense entre corchetes algúns exercicios, experiencias e reflexións achegadas á práctica diaria, que só pretenden ser suxestións ou exemplos do que se expón e non son en ningún caso transferíbeis a outros procesos de aprendizaxe diferentes daquel onde naceron. O obxectivo último deste volume é alentar a quen se adentra na actividade actoral, transmitir entusiasmo, animar e manter un adestramento permanente, a experimentar, a conservar a esencia do teatro.