Teatro galego

  1. Manteiga, Luis
  2. Fernández del Riego, Francisco pr.
  3. Tato-Fontaíña, Laura ed. lit.

Editorial: Edicións do Castro

ISBN: 84-8485-129-X

Año de publicación: 2003

Tipo: Libro

Resumen

Luís Manteiga (Compostela, 1903-1949), director de Claridad. Semanario de Izquierdas e colaborador de Guión, Resol, Yunque, A Nosa Terra ou Nós, foi un dos integrantes da Xeración das Vangardas, aínda que permaneceu até hoxe na zona escura da historia galega. Coñecido únicamente polo seu labor como crítico, recupérase neste libro a súa malfadada biografía e parte do seu legado artístico, o de dramaturgo. A través de cinoc pezas inéditas, escritas durante a II República, estúdanse as diferentes liñas de renovación teatral que abortou a sublevación fascista de 1936. A mecada puido ser a grande obra en tres actos que Castelao desexaba montar coa Polifónica de Pontevedra e Antón Vilar Ponte quería para o público dos Coros Populares; mentres Branca sería a peciña acaída para aqueles grupos de Teatro de Arte, integrados polas elites cultas, polos que optaba a xeración máis nova. A Tradición e a modernidade, o popular e o culto fundidos nun teatro que sorprende tanto pola novidade da dramaturxia como pola ousadía temática, xa que inclúe desde técnicas de distanciamento á reivindicación da sexualidade feminina.