Os contos de Joselínprimeiros documentos sonoros do teatro galego (1929-1954)
- Rodríguez de Vicente, José
- Tato-Fontaíña, Laura ed. lit.
- Paz-Andrade, Valentín pr.
Editorial: aCentral Folque
ISBN: 978-84-940598-3-4
Año de publicación: 2014
Tipo: Libro
Resumen
Valentín Paz-Andrade (Vigo, 1972) escribiu sobre José Rodríguez de Vicente, Joselín, que “despois de pasados varios lustros da morte na emigración, a memoria de Joselín en Galiza mantense avivecida. O lembrar das súas recitacións non esmoreceu. Sobre as cinzas do home, da captivante simpatía e lucidora intelixencia, amador e defensor da súa Terra como quen máis, mantense ergueita a súa obra. Non somentes polos valores psicolóxicos que contén, pola gracia e a sorna, polo conto e o xeito de contar… Tambén pola lingua que axudou a soerguer i espallar, a ennobrecer e difundir en auditorios masivos, non sempre por distinto meio abordables”. Este libro-disco fai un percurso biográfico pola vida de Joselín e recompila a súa obra. Reprodúcense vinte e sete contos (23 deles gravados, localizados polo investigador Ramón Pinheiro) e dúas comedias, acompañadas do estudo teatral realizado pola profesora Laura Tato Fontaíña.