Poesía galega completa IIPoemas impresos
- Pondal, Eduardo
- Ferreiro Fernández, Manuel ed. lit.
Editorial: Sotelo Blanco
ISBN: 84-7824-385-2
Año de publicación: 2001
Tipo: Libro
Resumen
Manuel Ferreiro publica, en catro volumes, a edición crítica da obra completa da figura de Eduardo Pondal, un dos centros de interese deste investigador. Neste volume, considérase poema impreso toda composición publicada por Eduardo Pondal en formatos e medios diversos: desde O dolmen de Dombate e a versión ampliada de A campana d’Anllóns, ambas as dúas publicadas como folletos impresos, ata follas impresas soltas, poemas en diversos xornais e revistas –maioritariamente publicacións periódicas do ámbito galego, tanto do interior como da emigración– , así como outros textos que o poeta foi enviando a libros de homenaxe, coroas fúnebres, etc. Deste xeito, o corpus da lírica impresa reúne, por orde cronolóxica, tres composicións publicadas antes de 1886, non recollidas en Queixumes, xunto con outros 62 poemas editados posteriormente.