Poesía galega completa IQueixumes dos pinos
- Pondal, Eduardo
- Ferreiro Fernández, Manuel ed. lit.
Editorial: Sotelo Blanco
ISBN: 84-7824-144-2
Ano de publicación: 1995
Tipo: Libro
Resumo
Manuel Ferreiro publica, en catro volumes, a edición crítica da obra completa da figura de Eduardo Pondal, un dos centros de interese deste investigador. Este primeiro volume ofrece unha versión dos poemas líricos do Bardo que garda unha máxima fidelidade á textualidade de que se parte, conxugando o respecto á lingua pondaliana coa maior ou menor posibilidade de comunicación lector/texto. Cada un dos poemas de Queixumes dos pinos vai acompañado do seu aparato crítico correspondente, procurando sempre a clareza, dividido en tres partes. A primeira indica todas as documentacións de cada poema. A segunda inclúe todas as notas aos versos, así como as correccións autógrafas do autor. E, a derradeira recolle, de existiren, as primeiras redaccións en español, así como outras versión galegas impresas.