Normas de edición para a poesía trobadoresca galego-portuguesa medieval
Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña
ISBN: 978-84-9749-247-8
Año de publicación: 2007
Tipo: Libro
Resumen
Despois de máis dun século de traballo ecdótico por volta da poesía medieval galego-portuguesa, constátase a persistencia de diferentes tendencias con diversos criterios editoriais de maior ou menor entidade. Esta situación leva consigo a existencia dun evitábel “ruído”, especialmente heterográfico, para a súa lexibilidade e difusión que parece conveniente resolver. E así que se propoñen estas normas (para edicións críticas convencionais), considerando as estratexias e tácticas de edición posíbeis. Por un lado, os principios básicos que as nortean alicérzanse de partida na ponderación dos usos gráficos da tradición manuscrita profana e relixiosa, na consideración do peso das diversas escolas editoriais previas e mais no equilibrio entre estado da lingua e regularización gráfica. Por outro lado, os referentes da súa adecuación e capacidade representativas asentan na limitación imposta pola regularización, nivelación e simplificación gráfica (sen consecuencias fonolóxicas). En consecuencia e como resultado das sesión de traballo do I Coloquio sobre Crítica Textual (22-23 de xuño de 2006), os seguintes investigadores das universidades galegas da poesía trobadoresca galego-portuguesa medieval decidiron acordar esta proposta conxunta de normas de edición: Carlos Paulo Martínez Pereiro, Elvira Fidalgo, Henrique Monteagudo Romero, José Antonio Souto Cabo, José Luís Rodríguez, José Martinho Montero Santalha, Laura Tato Fontaíña, Manuel Ferreiro, Mariña Arbor Aldea, Mercedes Brea, Pilar Lorenzo e Xosé Bieito Arias Freixedo.