Sebastián Martínez-Risco, ensaísta e poeta(obra inédita e esquecida)

  1. Freixeiro Mato, Xosé Ramón ed. lit.

Editorial: Edicións do Castro

ISBN: 84-7492-827-3

Ano de publicación: 1996

Tipo: Libro

Resumo

Xosé Ramón Freixeiro Mato fai un percorrido, rigorosamente documentado, con manexo da correspondencia privada e de numerosísimas fontes hemorográficas, pola vida e a obra do autor, pondo de manifesto a inxente actividade desenvolvdida por el ao longo de toda unha vida de servizo á cultura, con apartados específicos, dentro da súa produción, aos ensaios lingüísticos, de carácter histórico-sociolóxico, e literarios, e incluíndo documentación inédita de interese para coñecermos certas claves no desenvolvemento da cultura e da política galega nos anos que van fundamentalmente desde a guerra civil até as primeiras eleccións de 1977, tendo como eixo central en moitos casos a actividade da Academia Galega.