Intres1934-1935

  1. Manteiga, Luis
  2. Ferreiro Fernández, Manuel ed. lit.
  3. Tato-Fontaíña, Laura ed. lit.

Editorial: Edicións do Castro

ISBN: 84-8485-213-X

Año de publicación: 2005

Tipo: Libro

Resumen

Intres, obra narrativa de Luís Manteiga (1903-1949), integrante da Xeración das Vangardas, ao igual que a súa dramática, resulta dunha orixinalidade extraordinaria dentro da literatura galega de preguerra, pois mentres a narrativa dos homes do Grupo Nós, ou mesmo a de escritores da súa propia xeración, como Rafael Dieste, é enmarcábel, nalgunha medida, na categoría do social, a de Manteiga ocúpase do individual, das paisaxes interiores. A daqueles era, como en todas as literaturas emerxentes que están creando un sistema literario propio, unha narrativa moi ligada á sociedade e á misión que debía cumprir nela: crear conciencia nacional. Porén, a especificidade da novela de inciación Intres responde aos parámetros das Vangardas galegas, da poesía de Manuel Antonio ou do abortado teatro de preguerra de Álvaro Cunqueiro, isto é, unha vangarda que, sen chegar á ruptura total coa tradición, liberou temas e formas, mantendo o compromiso na procura dunha modernización total da literatura. Así, como novela de formación, Intres avanza sobre o modelo oteriano e, o seu protagonista, unha vez realziada a descuberta do país, procede a substitución do compromiso político polo compromiso cultural e artístico.