Os materiais didácticos dirixidos ao alumnado con trastorno do espectro autista (TEA)análise da percepción do profesorado de educación primaria de Galicia

  1. Pinaque Varela, Marcos
Dirigida por:
  1. Jesús Rodríguez Rodríguez Director/a
  2. María Montserrat Castro Rodríguez Directora

Universidad de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 16 de abril de 2021

Tribunal:
  1. María Angeles Parrilla Latas Presidente/a
  2. José Peirats Chacón Secretario/a
  3. Carmen Alba Pastor Vocal

Tipo: Tesis

Resumen

Esta tese presenta unha análise de carácter descritivo e interpretativo sobre a percepción do profesorado galego acerca dos materiais curriculares que se utilizan na escola ordinaria con alumnado con TEA. O propósito principal da investigación é achegarnos ao coñecemento, ao uso e á valoración que o profesorado de educación primaria posúe en relación cos materiais curriculares existentes e que utiliza co alumnado con TEA. Para acadar dito obxectivo, desenvolveuse unha metodoloxía mixta que permitiu recoller información de carácter cuantitativo e cualitativo. Os instrumentos empregados —cuestionario e entrevista de elaboración propia— foron validados por un grupo de expertos. O profesorado participante (mostra) está composto por 280 persoas, no caso do cuestionario, e por 9, no caso da entrevista. Este modelo mixto facilitou a triangulación de datos cualitativos e cuantitativos mediante un proceso de integración analítica. O profesorado recoñece déficits formativos importantes e, polo tanto, é consciente da necesidade dunha maior formación en relación cos materiais curriculares e o TEA. Esta ausencia formativa, ligada a outras variables, implica un descoñecemento e desuso de grande parte do material existente para o alumnado con TEA (especialmente o material dixital) e un predominio de uso de materiais xeneralistas que non son propicios para o alumnado con dito trastorno. Estes resultados reflicten a importancia de desenvolver accións formativas que incidan no coñecemento e uso dos materias curriculares para o alumnado con TEA.