El control de convencionalidad interno y el rol preventivo de las Administraciones Públicas

  1. Colantuono, Pablo Ángel Gutiérrez
Dirixida por:
  1. Jaime Rodríguez-Arana Muñoz Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 05 de marzo de 2021

Tribunal:
  1. Alejandro Pérez Hualde Presidente/a
  2. María Victoria Dios Viéitez Secretaria
  3. Rafael Valim Vogal
Departamento:
  1. Dereito Público

Tipo: Tese

Teseo: 650957 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A irrupción dos sistemas de dereitos humanos a nivel constitucional xera consecuencias no ámbito das Administracións Públicas e a cidadanía. A persoa e a súa dignidade son a centralidade do Dereito Administrativo. Desde a mirada converxente dos dereitos humanos construímos e fundamentamos un concepto propio do control de convencionalidade interno en dobre dimensión: obrigación estatal e garantía cidadá. Xuntoao deber de garantía explican o rol preventivo das Administracións Públicas que complementa ás funcións clásicas. Este rol é expresión do deber de garantía xenérico. Aquelas protexen e promocionan os compromisos internacionais, toman a iniciativa para remover calquera obstáculo á efectividade dos dereitos. A tutela administrativa efectiva, o dereito aos novos dereitos e garantías, a coxestión do benestar xeral desde o deberes humanos da cidadanía, as novas dimensións interpretativas, o salto cultural da dimensión homoxénea cara á heteroxénea en canto a reflexos da diversidade existente na composición das sociedades e o ensanche do contido de xuridicidade, son algunhas das principais consecuencias tematizadas. O control de convencionalidade interno é despregado na propia sede das Administracións Públicas, de maneira simétrica e sinérgica co control de constitucionalidade.