Optimization and Allocation in Some Decision Problems with Several Agents or with Stochastic Elements

  1. Gonçalves-Dosantos, J.C.
Dirixida por:
  1. Julián Costa Co-director
  2. Ignacio García Jurado Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 19 de febreiro de 2021

Tribunal:
  1. Andrés Jiménez Losada Presidente/a
  2. Luisa Carpente Secretaria
  3. A. Estévez Fernández Vogal
Departamento:
  1. Matemáticas

Tipo: Tese

Teseo: 649742 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Nesta memoria abórdanse diversos problemas de decisión que xorden na xestión de proxectos, na teoría de xogos cooperativos e na optimización de rutas de vehículos. Empezamos estudando o problema da repartición dos custos de demora nun proxecto. Nun contexto estocástico no que supoñemos que as duracións das actividades son variables aleatorias, propoñemos e estudamos unha regra de repartición baseada no valor de Shapley. Ademais, presentamos un paquete de R que permite un control integral do proxecto, incluíndo a nova regra de repartición. A continuación, propoñemos e caracterizamos axiomaticamente novas solucións igualitarias no contexto dos xogos cooperativos cunha estrutura coalicional. E introducimos un novo valor, utilizando unha propiedade de xogadores necesarios, para xogos cooperativos, que posteriormente estendemos e caracterizamos dentro do marco dos xogos cooperativos cunha estrutura coalicional. Por último, presentamos un algoritmo en dous pasos para resolver problemas de rutas de vehículos con multi-compartimentos e demandas estocásticas. Este algoritmo obtén unha solución inicial mediante unha heurística construtiva e, a continuación, utiliza unha búsqueda tabú para mellorar a solución. Utilizando datos reais, levamos a cabo unha análise do comportamento do algoritmo.