Ireland into the mysticthe poetic spirit and cultural content of irish rock music, 1970-2020
- Canido, Elena
- David M. Clark Director
Universidad de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 18 de diciembre de 2020
- María Jesús Lorenzo Modia Presidenta
- Pilar Villar Argáiz Secretario/a
- Seán Crosson Vocal
Tipo: Tesis
Resumen
A música e a literatura tiveron sempre un papel central na vida cultural e mais na sociedade de Irlanda, non só como fontes de entretemento senón tamén como unha maneira efectiva de deixar constancia da historia e identidade propias do país e transmitir esas características polo mundo dunha maneira única. O obxectivo principal desta tese doutoral será polo tanto desenvolver un tema de estudio de interese e relevancia para os Estudios Irlandeses ao tratar a profundidade cultural e intelectual da música rock irlandesa dende unha perspectiva interdisciplinaria, o que tamén supoñerá un enfoque innovador da análise de cancións como fenómeno literario. Así pois, investigaranse as relacións entre a música, a literatura e a cultura en Irlanda a partires da presentación, análise, comparación e estudo de cancións e de material artístico representativo de artistas rock irlandeses no seu contexto cultural e histórico para mostrar as formas nas que se relacionan diferentes ideas literarias, musicais e culturais no rock irlandés. Finalmente, ao investigar o desenvolvemento da música rock en Irlanda ao longo de cinco décadas, esta tese tamén indagará na historia da illa dende o punto de vista da música rock producida na illa nunha etapa de cambios decisiva en varios niveis.