Análisis de los factores socio-demográficos y personales asociados a las actitudes y comportamientos sexuales del adulto mayor en la población de Santa Rosa

  1. Ullauri, Marcia
Dirixida por:
  1. Isabel Piñeiro Aguín Co-director
  2. Susana Rodríguez Martínez Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 18 de decembro de 2020

Tribunal:
  1. María del Carmen Pérez Fuentes Presidente/a
  2. María del Pilar García de la Torre Secretaria
  3. José Carlos Núñez Pérez Vogal
Departamento:
  1. Psicoloxía

Tipo: Tese

Teseo: 644494 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Aínda que a sexualidade é unha parte importante do benestar do inviduo, a investigación do tópico en persoas maiores é aínda escasa. Explorando a actividade sexual de maiores de 65 anos de Santa Rosa (Ecuador) constatamos que a pesar de que a frecuencia de actividade sexual é máis elevada entre os homes e son estes quen practica máis coito e masturbación, homes e mulleres maiores informan de taxas similares de satisfacción e preocupación pola súa vida sexual. O nivel educativo e a existencia de parellas anteriores serían factores explicativos da inactividade sexual masculina e non ter parella actualmente constituiría o factor sociodemográfico determinante da inactividade sexual feminina. O desexo sexual establécese como unha variable que permite diferenciar maiores sexualmente activos e non activos, e pode entenderse como un bo predictor da inactividade sexual das mulleres maiores. Constatando tamén diferenzas de xénero na actitude cara á sexualidade, as crenzas negativas ao redor das relacións sexuais sen amor clasifican correctamente á práctica totalidade da mostra feminina inactiva. Entedemos que unha comprensión máis profunda dos factores asociados á actividade sexual de homes e mulleres maiores pode contribuír ao deseño de intervencións nos ámbitos da saúde e socio-comunitario