Modelo acoplado de demanda, oferta dinámica y coste generalizado orientado a la evaluación ex-ante, bajo condiciones de incertidumbre, de proyectos alternativos de sistemas de transporte metropolitano de capacidad intermediatranvía o metro ligero (LRT) frente a autobuses semirrápidos (BHLS o BRT)

  1. Conles Barrera, Emilio José
Dirixida por:
  1. Margarita Novales Co-director
  2. Alfonso Orro Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 23 de outubro de 2020

Tribunal:
  1. M. R. Bugarin Presidente
  2. Borja Alonso Oreña Secretario/a
  3. Marta Rojo Arce Vogal
Departamento:
  1. Enxeñaría Civil

Tipo: Tese

Teseo: 636058 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Na presente tese lévase a cabo o deseño, desenvolvemento, implementación e execución dun modelo de transporte especificamente concibido para a previsión dos efectos que, sobre un conxunto de variables representativas dos volumes e condicións de viaxe, serían producidos pola hipotética implantación ― nun corredor, eixe ou itinerario dunhas características dadas ― de cada un dos dous tipos fundamen-tais de sistemas de transporte público urbano e metropolitano de capacidade intermedia. Estas dúas clases principais de sistemas son os modos ferroviarios lixeiros (metro lixeiro ou tranvía moderno) e os sistemas de autobuses semirrápidos en plataforma reservada, con denominacións como BHLS (Bus with High Level of Service) ou BRT (Bus Rapid Transit). O modelo analítico proposto sistematiza as interdependencias entre procesos como a prognose da demanda (no modo de transporte público e noutras posibles opcións modais de viaxe), a caracterización dinámica dos atributos da oferta modal, a valoración polos viaxeiros de cada unha desas opcións (a través do concepto de custo xeneralizado), e a estimación das eleccións agregadas dos viaxeiros (reparto modal e efecto sobre o volume total de viaxes), poñendo especial detalle na modelización das operacións dos diferentes sistemas de transporte público e na previsión e valoración das súas variables-atributo, combinadas no seu custo xeneralizado de viaxe. Ademais, o modelo deséñase para a predición da futura evolución das respectivas variables de transporte ao longo dun determinado horizonte de avaliación, polo que os seus resultados son fundamentais como base de partida para unha adecuada avaliación socioeconómica ex-ante (é dicir, prospectiva) da posible implantación e selección dun dos dous tipos de modos de transporte urbano e metropolitano de capacidade intermedia. Complementariamente, incorpórase no desenvolvemento do modelo o tratamento metodolóxico da incertidume (tanto asociada ás variables de entrada como inherente ao proceso de modelización), recorrendo para isto á implementación de múltiples simulacións aleatorias con valores extraídos conforme ás distribucións de probabilidade das variables pertinentes, en aplicación do método de Montecarlo. Por último, ponse en práctica o funcionamento do modelo mediante a súa aplicación a un exemplo de cálculo baseado nun conxunto de datos artificiais. Ditos datos foron deseñados coa intención de que poidan resultar representativos de situacións relativamente habituais en corredores, eixes ou itinerarios con volumes intermedios de demanda de transporte público, mais, non obstante, os resultados obtidos para este exemplo, así como as conclusións extraídas do mesmo, son de aplicación específica ao caso particularmente proposto (ou a outros relativamente similares), polo que non deben ser directamente xeneralizados ou extrapolados a calquera outras condicións. Para concluír, analízanse detalladamente os resultados deste exemplo, e obtense finalmente un balance entre o incremento no excedente ou beneficio dos viaxeiros e o custo de investimento inicial a modo de orientación preliminar aproximada, nun caso coma o proposto, sobre a posible rendibilidade socioeconómica dos sistemas de capacidade intermedia e sobre a valoración comparativa das súas dúas principais modalidades.