Papel de la disfunción mitocondrial en los cambios estructurales y funcionales de la membrana peritoneal en pacientes tratados con diálisis peritonealefecto de una dieta antioxidante

  1. Ramil Gómez, Olalla
Dirixida por:
  1. María José López Armada Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 29 de outubro de 2020

Tribunal:
  1. Alberto Ortiz Arduan Presidente/a
  2. María del Carmen de Andrés González Secretario/a
  3. Eva Alonso López Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 638023 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Neste traballo evaluouse se a disfunción mitocondrial nas células mesoteliais da membrana peritoneal, a través dun aumento no nivel de estrés oxidativo e dos mediadores inflamatorios, participa na transición epitelio-mesenquimal (TEM) que poden sufrir estas células en pacientes tratados con diálise peritoneal (DP). En primeiro lugar, os estudos ex vivo demostraron que existía unha relación entre a disfunción mitocondrial e o estado de TEM das células mesoteliais, así como co tempo en DP. Ademais, evidenciouse unha correlación positiva entre o ADNmt libre no dializado, que actúa coma un indicador do dano mitocondrial agudo, e a función dialítica do peritoneo. En segundo lugar, describiuse in vitro que tanto o líquido de diálise (LD) como a citocina inflamatoria IL-1ß teñen a capacidade de inducir disfunción mitocondrial nas células mesoteliais. Esta disfunción mitocondrial incrementou a expresión dos mediadores inflamatorios COX-2 e IL-8 e aumentou a sensibilidade das células mesoteliais ás citocinas inflamatorias, determinándose que as especies reactivas de osíxeno (ROS) mitocondriais e o factor NF-κB estaban implicados neste proceso. Así mesmo, identificouse aos ROS mitocondriais como mediadores do proceso de TEM. Finalmente, mostrouse in vitro que o polifenol natural resveratrol protexe a función mitocondrial das células mesoteliais, e que foi capaz de previr os efectos desta disfunción, posicionándoo como unha terapia potencial para preservar a capacidade dialítica do peritoneo durante o tratamento con DP. Estes resultados poderían axudar a unha mellor comprensión dos mecanismos patoxénicos que conducen a un fallo de ultrafiltración nos pacientes en DP ao evidenciar a implicación da mitocondria na fisiopatoloxía da membrana peritoneal.