Narrativas y redes de apoyo social de mujeres supervivientes del sistema prostitucionalde las ausencias a las emergencias desde el feminismo y la interseccionalidad
- Añón Loureiro, Lorena
- Miguel Clemente Director
- María Lameiras Fernández Codirector/a
Universidad de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 31 de julio de 2020
- Rosa Cobo Bedía Presidenta
- Jorge García Marín Secretario/a
- Águeda Gómez Suárez Vocal
Tipo: Tesis
Resumen
Contextualización: a prostitución é un fenómeno complexo, unha institución patriarcal, capitalista e colonizadora da sexualidade, que afecta fundamentalmente a mulleres. A marca de xénero interseccionada coa clase social, cuestións étnico-raciais e culturais, lugar de orixe, entre outros, produce desigualdades das que se aproveita o sistema prostitucional, que estigmatiza e invisibiliza a estas mulleres. Ausencias que aquí se fan presentes para achegar saber sobre as súas vivencias e como actúan os diferentes sistemas de dominio. Obxectivo e metodoloxía: investigación feminista baseada na metodoloxía cualitativa, no paradigma socio-crítico e no método biográfico-narrativo, cuxo obxectivo foi analizar as experiencias vividas e as redes sociais das mulleres superviventes do sistema prostitucional. Participaron nove mulleres cos seus relatos de vida e creáronse os seus mapas de rede. Conclusións: 1) as participantes están atravesadas por desigualdades das que se serve o sistema prostitucional 2) todas presentan indicadores compatibles coa trata sexual 3) perciben que estes contextos afectan á súa saúde e ás súas relacións 4) a maioría sufriron violencia machista de parellas, máis da metade maltrato na súa infancia e/ou adolescencia e, algunhas, violencia sexual 5) puxeron en marcha estratexias de superación e proxectos de futuro, de aí que a identidade significativa sexa a de superviventes.