Characterization of sediment accumulation, erosion and transport processes in comined sewer pipes
- Jose Anta Director
Universidad de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 16 de octubre de 2020
- Enrique Peña Presidente
- Juan Tomás García Bermejo Secretario/a
- Raquel Irene Seco Vocal
Tipo: Tesis
Resumen
O estudo da acumulación, erosión e transporte de sedimentos en tubaxes de saneamento unitario é esencial dentro de calquera sistema de drenaxe urbana. Estes sedimentos representan a maior fonte de contaminación dentro dos sistemas de saneamento cara o medio receptor. O propósito de esta tese é estudar en detalle estes procesos para poder expor solucións óptimas que dean lugar a un desenvolvemento urbano sostible. Para iso, ensaiouse a eficiencia de autolimpeza e de ausencia de obstrucións por sólidos grosos en tubaxes de saneamento unitario con xeometrías ovoides en comparación con tubaxes circulares. Ademais, como gran elemento diferencial, púxose en marcha unha Plataforma Científica que permite ensaiar diferentes conducións con auga residual urbana. Neste modelo desenvolvéronse novas técnicas e metodoloxías para medir con maior precisión a acumulación e o transporte de sedimentos en tubaxes, así como para analizar as súas propiedades fisicoquímicas. Así mesmo, realizáronse ensaios en modelos a escala reducida para caracterizar a concentración e o tamaño de partículas en suspensión a través de sensores acústicos. Como resultado, obtívose un gran conxunto de datos que poderá utilizarse para o desenvolvemento de estratexias avanzadas de deseño, operación e conservación de sistemas de saneamento unitario.