Medicina defensivaaspectos sociales, éticos y jurídicos

  1. Cruz Valiño, Ana Belen
Dirixida por:
  1. José-Antonio Seoane Co-director
  2. Sergio Santos-del-Riego Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 23 de outubro de 2020

Tribunal:
  1. Antonio Casado da Rocha Presidente/a
  2. Silvia Díaz Prado Secretaria
  3. Andreu Segura Benedicto Vogal
Departamento:
  1. Dereito Privado

Tipo: Tese

Teseo: 639813 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A medicina defensiva, que xorde nos EE. UU. como desviación da práctica médica correcta en resposta ao aumento de reclamacións xudiciais por neglixencia nos anos 60, constitúe na actualidade unha problemática global e un elemento de asistencia sanitaria de baixo valor. Con todo, o desafío comeza na sua definición. Obxectivo: Consolidar unha definición de medicina defensiva por razóns epistemolóxicas e éticas. Así mesmo, establecer un marco teórico e completar unha aproximación sistemática. Metodoloxía: Revisión da literatura científica. Integración narrativa dos resultados e análise interdisciplinaria, na que a proposta iusfundamental (baseada en dereitos) da relación clínica constitúe a referencia máis valiosa. Resultados: A ausencia dunha definición única condiciona a investigación empírica. A disparidade de elementos amplía abusos tolerados que distorsiona a práctica clínica. Para superar estes inconvenientes ofrécese unha resposta comprensiva desde a perspectiva relacional baseada 1) na confianza, como necesidade e valor humano que guía de forma razoable e prudente a toma de decisións clínicas, e 2) no recoñecemento e o respecto recíproco entre pacientes e profesionais para evitar conflitos. Finalmente, identifícanse catro elementos definitorios básicos: suxeito, obxecto, motivación e finalidade.