Herramientas de análisis y predicción del comportamiento de buque atracado en operaciones de carga y descargaaplicación a los Puertos Interior y Exterior de A Coruña
- Enrique Peña Co-director
- José Sande Co-director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 07 de setembro de 2020
- Jerónimo Puertas Presidente
- María Clavero Gilabert Secretario/a
- Xavi Gironella Vogal
Tipo: Tese
Resumo
A eficiencia da manobra de carga e descarga dun buque en porto depende fundamentalmente do seu comportamento no atracadoiro, sendo este un condicionante da propia operatividade. Aínda que existen normativas nas que se fixan límites admisibles de movementos, a súa aplicación xeral fai que non se axusten correctamente ás características de todos os portos. Tradicionalmente o comportamento do buque foi analizado mediante modelización física e numérica, existindo poucos exemplos de estudos en campo debido ás dificultades que conlevan. Atendendo a esta necesidade, esta tese doutoral presenta o desenvolvemento e a validación de dúas ferramentas de baixo custo económico e de fácil manexo e instalación para a avaliación en campo dos movementos dun buque atracado. Estas baséanse na adaptación de dúas tecnoloxías moi estendidas no ámbito da enxeñería, como son as unidades de medida inercial (IMU) e a visión artificial orientada ao seguimento de obxectos. A aplicación destas técnicas en campañas intensivas de monitoraxe de buques durante a súa operación nos Portos Interior e Exterior da Coruña, ambos con características diferentes, confirmou a versatilidade destas ferramentas. Ademais, demostrouse o seu potencial como instrumento eficaz para analizar a influencia dos axentes forzadores dos problemas que realmente afectan a un determinado porto. Os resultados obtidos permitiron coñecer as condicións operativas reais dos buques, constatando a necesidade de actualizar ou particularizar os límites de movementos das normativas. Adicionalmente, propúxose e aplicouse unha metodoloxía para o desenvolvemento de ferramentas preditivas dos movementos dos buques atracados nunha determinada instalación, a partir de rexistros reais de axentes océano‐meteorolóxicos e movementos. Este resultado constitúe un avance significativo cara ao desenvolvemento de sistemas de axuda á toma de decisións na xestión dun porto.