Perinatal griefanalysis of the difficulties and facilitating elements of family coping (DPAFIS study)

  1. Fernández-Basanta, Sara
Dirixida por:
  1. Carmen Coronado Co-director
  2. María Jesús Movilla Fernández Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 18 de setembro de 2020

Tribunal:
  1. Azucena Pedraz Marcos Presidente/a
  2. Javier Muñiz Secretario
  3. Bente Dahl Vogal
Departamento:
  1. Ciencias da Saúde

Tipo: Tese

Teseo: 633678 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A perda do embarazo -perdas involuntarias e a terminación do embarazo por anormalidades fetais- e a morte neonatal xeran unha resposta variada, dinámica e altamente individualizada nos pais. A investigación recoñece as características especiais destas perdas debido ás múltiples perdas que supón para eles. Sen embargo, o estigma en torno a estas perdas xera que se consideren perdas tabús e que se silencien e que non se visibilicen nos ámbitos sociais e sanitarios. O coidado dos profesionais sanitarios, e especialmente das enfermeiras e matronas, é crucial para o benestar dos pais a curto e longo prazo. Non obstante, os profesionais sanitarios informan do pouco preparados que están e do estresante e esixente que é coidar destas perdas. Varias dificultades á hora de coidar xeran que este coidado a miúdo sexa superficial e baseado na realización de técnicas. Obxectivos: Esta tese doutoral componse de dous eixes principais. En primeiro lugar, coñecer as experiencias dos pais no afrontamento das perdas do embarazo ou perinatais e, posteriormente, coñecer as experiencias das matronas e enfermeiras no coidado dos pais que sufriron unha perda involuntaria do embarazo. Metodoloxía: Esta tese doutoral está composta por 4 estudos cualitativos de investigación, dos cales un estudo empírico e unha meta-etnografía foron elaborados para cada obxectivo. Para responder ao primeiro, entrevistáronse 16 mulleres españolas que sufriron unha perda involuntaria de embarazo a través dun estudo de teoría fundamenta e realizouse unha meta-etnografía de 14 estudos cualitativos para sintetizar os resultados da investigación sobre o afrontamento dos pais trala perda do embarazo ou dun bebé. Para o segundo obxectivo, tamén se levou a cabo unha meta-etnografía, que incluíu dez estudos cualitativos primarios para coñecer as experiencias das matronas e enfermeiras no coidado de perdas involuntarias do embarazo. Ademais, fíxose un estudo fenomenolóxico interpretativo no que se entrevistaron 11 matronas de atención primaria. Resultados: Respecto ás experiencias dos pais, as estratexias de afrontamento dos pais baseáronse nas experiencias de conectividade/confrontación e non conectividade/evitación. Estas experiencias relacionáronse a través dun proceso dinámico entre ambas. O uso destes elementos estivo condicionado por factores persoais, sociais e culturais. Por outra banda, as enfermeiras e parteiras ó coidado de pais que sufriron unha perda involuntaria do embarazo, trataron con dificultades que esixiron saír da zona de confort. Isto provocou que non se involucraran emocionalmente cos pais e que, se o fixeron, o coidado se baseara na súa intuición. Conclusións: As estratexias de afrontamento dos pais baseáronse nas experiencias de conectividade/confrontación e non conectividade/evitación mediante un proceso dinámico entre ambos. Para as enfermeiras e matronas, coidar estas perdas implicaba saír da zona de confort e afrontar dificultades, provocando que non se involucrasen emocionalmente cos pais ou, se o facían, fose baixo a súa intuición.