Estudio y caracterización de andamios 2D y 3D funcionalizados con RGD-Cys-D1 para su aplicación en ingeniería de tejidos en el tratamiento de lesiones de cartílago articular humano

  1. Rodríguez-Pereira, Cristina
Dirigida por:
  1. Francisco J. Blanco García Codirector
  2. Patricia Gálvez Martín Codirector/a

Universidad de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 21 de septiembre de 2020

Tribunal:
  1. María Julia Araceli Buján Varela Presidente/a
  2. Isaac Manuel Fuentes Boquete Secretario
  3. Benjamín Fernández Gutiérrez Vocal
Departamento:
  1. Fisioterapia, Medicina y Ciencias Biomédicas

Tipo: Tesis

Teseo: 634260 DIALNET lock_openRUC editor

Resumen

A cartilaxe é un tecido que presenta unha limitada capacidade de rexeneración, o que provoca que pequenas lesións poidan desencadear enfermidades como a artrose. A enxeñaría de tecidos emprega biomateriais, células e estímulos para intentar xenerar tecidos que poidan ser implantados para substituír o axudar ao tecido danado do corpo humano. No ámbito da rexeneración de cartilaxe, múltiples andamios constituídos de diferentes biomateriais desarrolláronse nun intento de xenerar unha cartilaxe in vitro que presente unha estrutura e unha función características da cartilaxe articular humana hialina. Sen embargo, aínda estamos lonxe de conseguir este obxectivo, obténdose na maioría dos casos cartilaxe fibrosa. Por outro lado, a fibronectina, e máis concretamente a secuencia RGD, veuse implicada na diferenciación condroxénica. É de particular interese a súa función, durante os primeiros pasos da condroxénesis embrionaria, guiando a distribución e deposición da matriz cartilaxinosa. O obxectivo de este estudo é determinar a potencial condroxénica de láminas de ácido poli-Lláctico e andamios tridimensionais de policaprolactona funcionalizados con diferentes concentracións de dendrímeros RGD-Cys-D1. Para elo, cultiváronse células estromais mesenquimais en ambos tipos de andamios con medio condroxénico e fíxose un estudo da expresión xénica e histolóxico das mostras. Como resultado, observouse que as células estromais mesenquimais responden ás diferentes concentracións de dendrímeros e que estes estimulan a condroxénesis cando as células son sembradas nas láminas de ácido poli-L-láctico. Sen embargo, non é así nos andamios de policaprolactona. O uso de diferentes concentracións de RGD-Cys-D1 para a rexeneración da cartilaxe é prometedor, aínda así, máis estudos son necesarios para determinar o seu potencial