Materiais curriculares e percepción social da vellez
- Álvarez Pousa, Lois (coord.)
- Pim, Joám Evans (coord.)
- Kristensen, Bárbara (coord.)
Editorial: Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
ISBN: 978-84-690-7017-8
Año de publicación: 2007
Páginas: 165-184
Tipo: Capítulo de Libro
Resumen
Hoxe en día seguen a persistir e a reforzarse socialmente numerosos estereotipos negativos ó redor do colectivo das persoas maiores, respecto á súa capacidade para traballar, relacionarse, desprazarse, vivir nas mesmas condicións de igualdade que o resto dos cidadáns... Preconcepcións negativas de toda índole que se van adherindo á nosa cultura por efecto da súa transmisión e potenciación dende diferentes ámbitos: o marco das administracións, os medios de comunicación, a internet, as institucións sociais, o mundo sociorrelacional da persoa, o eido familiar ou mesmo o universo escolar. Dende unha perspectiva didáctica, cómpre facer por tanto especial fincapé no valor que os materiais curriculares impresos (os libros de texto) posúen dentro dos procesos de construción de actitudes cara a vellez por parte das xeracións máis novas, en tanto que se erixen en vehículos fundamentais de transmisión de contidos nos procesos de ensino-aprendizaxe. Non podemos eludir, pois, a importancia fundamental e o valor ineludible da formación e a educación como xeradoras de actitudes e valores cara o avellentamento, debendo loitar por unha educación que transmita concepcións realistas e revalorizadoras da vellez.