Reaction mechanism of the enzymatic chlorination of amino compounds catalyzed by the myeloperoxidase-hydrogen peroxide-chloride ion systema kinetic and computational approach

  1. Rodríguez Ramos, Daniel
Dirixida por:
  1. J. Arturo Santaballa Director
  2. María-Victoria García-Dopico Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 21 de febreiro de 2020

Tribunal:
  1. Josep Maria Oliva Enrich Presidente/a
  2. Moisés Canle Secretario
  3. Jürgen Amhold Vogal
Departamento:
  1. Química

Tipo: Tese

Teseo: 616419 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A mieloperoxidasa é un encima clave do sistema inmunolóxico, moi abundante en neutrófilos, que participa activamente na protección contra microorganismos esóxenos e representa un factor relevante no desenvolvemento de numerosas enfermidades. Ó contrario doutras peroxidasas, incapaces de oxidar o anión cloruro, a principal reacción catalizada por este encima é a cloración de compostos nitroxenados. Existen numerosos estudos centrados na mieloperoxidasa, en particular dende un punto de vista clínico ou bioquímico, mais descoñecíase o mecanismo de reacción preciso polo que este encima cataliza o proceso de cloración. O coñecemento detallado da estrutura e reactividade da mieloperoxidasa, os seus substratos e os produtos clorados obtidos así como a interacción entre eles, resulta imprescindible tanto para a comprensión global da súa actividade encimática como para o desenvolvemento de tratamentos e fármacos. Nesta tese doutoral preténdese determinar o mecanismo encimático de cloración catalizado pola mieloperoxidasa, así como examinar a orixe do seu elevado potencial de oxidación respecto doutras peroxidasas e outras características distintivas. Ademais analízase a posterior descomposición dalgúns compostos nitroxenados clorados e o particular comportamento do aminoácido cisteína e do antioxidante glutatión na súa reacción con estas cloraminas.