Experiencia de aprendizaxe interdisciplinar entre estudantes de terapia ocupacional e odontoloxía, no deseño de sistemas de comunicación alternativos
- Thais Pousada García
- Estibaliz Jiménez Arberas
- Emiliano Díez Villoria
- Mónica Cano Rosás
- Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.)
Publisher: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña
ISBN: 978-84-9749-678-0
Year of publication: 2018
Pages: 361-376
Congress: Xornadas de Innovación Docente (2. 2017. A Coruña)
Type: Conference paper
Abstract
Contextualización: O proxecto, interdisciplinar e interuniversitario, foi proposto por docentes de terapia ocupacional e odontoloxía das universidades da Coruña e Salamanca. Contemplou a elaboración de cinco unidades didácticas, baseadas na aprendizaxe colaborativa, presentando aquí a unidade adicada á comunicación cos doentes. Metodoloxía: Concretáronse obxectivos e resultados de aprendizaxe, metodoloxías e forma de aplicación da unidade. Na planificación tivéronse en conta aspectos relacionados coa valoración, e uso dos SAAC, e a aplicación dos principios do Deseño Universal no proceso comunicativo. Realizáronse tres sesións teórico–prácticas, complementadas co traballo non presencial. Desenvolvemento: A primeira sesión está dirixida aos alumnos do Grado en Odontoloxía que, a través de varios casos propostos, deberían detectar e determinar as dificultades na comunicación, que poderían acontecer na consulta odontolóxica. O resultado do traballo é transmitido posteriormente aos alumnos de terapia ocupacional, sendo o punto de partida da segunda sesión. Os estudantes de TO consideran estes supostos para o deseño de solucións aos problemas plantexados, elaborando propostas co uso dos SAAC e aplicación do deseño para todas as persoas. A derradeira sesión é a posta en común dos traballos dos alumnos de ambas titulacións, nunha clase conxunta e presencial, cun compoñente virtual. Invítase ós estudantes a razoar, deseñar e elaborar solucións de accesibilidade e deseño universal, para aplicar no entorno físico dun centro de odontoloxía e nos seus materiais, baseadas no uso de pictogramas. A avaliación dos alumnos basease no emprego de rúbricas (hetero-avaliación) e de listados de comprobación (auto-avaliación).